Estou no tren que me leva ao mar. Quixera que fora fresco, helado como o que vai bañar o teu corpo, e quixera estar ali, de pé ó teu carón, coa auga ate a cintura e dándoche a man por debaixo da auga, mirando para onde parece que o mar encontra o ceu. O sol estase deitando e o ceu esta roto polas nubess e pola cor gris-azul-laranxa-vermello.
Non consigo falar, apreto a tua man ainda máis forte e ti fas dous pasos para acercarte aínda máis a mín. Todo acade en segreto, a nosa complice é a auga. As ondas veñen, alzanse diante de nós, suben ate os nosos peitos e suavemente acarician os nosos corpos atraversando as nosas almas. As ondas rompen detrás de nós porque respeitan o noso silencio e eu sinto cada vez que escoito unha onda que rompe que o que sinto por ti e tan grande como as gochas de auga que hai na mar. E sinto que che preciso como preciso do mar. E sinto que teño que saciarme de tí, como se tí foses auga. E sinto que non podo separarme de tí.
Ollas para min, te sonrío. Somos complices. Xa non miramos atrás. Xa non hai medo.
Soltamos as nosas mans, sinto que o teu corpo está agora aínda máis perto, e os nosos brazos rozánse cando as ondas nos acarezan. Lentamente respiro fondo, abro a boca e berro ó aire. Toda a miña vida pasada sae do meu corpo, e unha onda que semellaba lonxe bate contra os nosos peitos. Mentres berro
sinto a tua risa libre e corremos cara onde o mar bícase co ceo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario