A canción na radio dicía: "hold me closer one more time...say that you love me" e eu quería poder dicircho, pero nunca te tivera entre os meus brazos.
Acababamos de coñecernos, e esperabamos unha amiga que tiñamos en común nun bar.
Sei que es a miña obsesion numero cen, pero esta è diferente. Falábamos e mentres explicabasme a historia do teu grupo preferido eu ollaba a tua boca, a tua boca movíase despacio, lentamente curvándose con cada sorriso, os pelos da barba duns poucos días rodeando os teus beizos. E eu ollaboa, cando mordías o beizo de abaixo tentando recordar o nome dunha cancion, a quería para mín, a quero toda para mín. Quería separar a mesa da cafetería e bicala diante de todos, terte entre os meus brazos e morder dolcemente os teus beizos mentres faría entrar a miña lingua na tua boca para entrar en ti, para saber máis de tí. Cando eu falaba para responderte miraba nos teus ollos e non o podía evitar, pero veíate espido, alí, no bar. Nunca vira uns ollos tan brilantes, nunca vira uns ollos tan profondos, uns ollos tan limpos e neles vin que eu tamen estaba espido.
Ríamos das tonterias que diciamos adrede, e eu pensaba somente en poderte tocar, non recordaba como era o sentimento de querer que alguen fose meu. Sentín que o teu pé chocaba co meu debaixo da mesa, e pedinche perdón, avergonzado e timido, mentres levava os meus pes para debaixo da miña silla. Arrepentinme. Ti mirachesme fixamente, e a traves dos teus ollos vinme completamente espido e deitado nun leito e sentín vergoña pero o quería. Quería tocarte.
Lentamente movín o meu pé esquerdo dende debaixo da silla para acercarme a ti, era un movimento dificil, o meu pe esquerdo pesaba unha tonelada e eu respiraba con dificultade, e mentres o deslizaba decidín non respirar, para non facer aínda máis evidente o meu movimento. Sentía que estaba facendo un movimento moi brusco deslizando o meu pè lentamente e respirando á vez. Parecíame un movimento violento e rumoroso como unha valancha de rochas caendo pola ladeira dunha montanha. Non quería asustarte, por nada no mundo quería asustarte e facerte escapar.
Sentía que estaba a un centímetro de ti e parei o pé per un intre. Precisaba respirar, e tí empezaches a falarme de novo, preguntábasme cándo fora a ultima vez que estivera en Galicia, se atopaba as cousas cambiadas, se gustaba de vivir en Roma, se ésto se ou outro, as preguntas que todos me facían, e sen aire no meu cerebro era difícil darte respostas, sonreíate, e ti dolcemente respondías por min, enchías os ocos dos meus silencios.
Collín aire, respiréi fondo, movín o pé medio centìmetro mentres asentía movendo a cabeza a todalas cousas que ìas dicindo. Como unha espía eu parecía tranquilo, pero dentro do meu corpo había unha guerra civil. Sentín que a punta do meu zapato chegara ó teu...e preguéi porque non escaparas.
O teu pé quedou alí.
Eu sentía o teu pé, estaba seguro de que tí sentías o meu. Non fun capaz de decir nada e ollaba a tua boca e non séi exactamente o que me dicías, na miña cabeza so escoitaba a miña voz: estou tocándote, síntelo?. Pasaran tres segundos, non o séi, para mín eran pasadas tres vidas, e sentín que as miñas vidas anteriores facían presión no meu peito, onde esta o corazón. Eu non ero capaz de facer máis nada, tiña o meu pé alí fermo tocándote e lentamente alcéi os meus ollos dos teus beizos ós teus ollos, e os teus ollos sorrían máis que a túa boca, eu quedéi completamente espido. Tiña que escapar ou ia morrer e dixen "Quéres que vaia á barra a pedir algo máis? mentre esperamos por ela, apeteceche algo máis?".
Sentín que separabas o teu pe. Merda, non tiña que ter dito nada, estábate perdendo, o meu corazón caeu do meu corpo e sentínme só.
"No, eu estou ben así, ti?".
Eu quería dicirti que non, que eu estaba morrendo, pero non cho podía decir, era a primeira vez que te encontraba e non che podía dicir que eu así non estaba ben, que queria todo de ti, que precisaba sare todo de ti, que queria roubalo cheiro da tua pel para levalo sempre enriba e cada maña sair de casa vestido de ti. Queria decilo, pero non podia. O ter dito sempre o que sentia ao pricipio asustaba a todolos rapaces, alguns despois sentianse atraidos, pero ao principio todos fuxian porque eu era "demasiado", demasiado forte, demasiado impetuoso, demasiado alegre, demasiado triste e melancolico, demasiado baixo, demasiado gordo, demasiado violento, demasiado listo, demasiado tonto, demasiado guapo, demasiado feo, demasiado falador, demasiado calado, demasiado espabilado, demasiado torpe, demasiado sinceiro, demasiado timido, demasiado festeiro, demasiado fogareño, demasiado...eu sempre fora demasiado. Demasiadas excusas
Sentín unha presión lixeira e mórbida sopre a punta do meu pé, era o teu. O meu pè atrapado polo teu.
"...estaba dicindo que eu estou ben asi, tí?....quéres algo máis?.
(Non me movín. Aínda estou lí..porque quiero saber màs de tì)
No hay comentarios:
Publicar un comentario