"Imos cambialo día, xa so faltan 2 minutos para que sexa Martes. Noto que algo, aínda non sei o qué, anda cerca, podo sentilo cada vez que me ergo polas manhas, cada vez que paseo pola zona vella, e sobretodo cada vez que vou cara a piscina. Axítome.
Edu, que estudia Arte Neoclásica para o exame de manhá, acaba de interrumpirme, parei de escribir e tiven que sacar os cascos para escoitalo, queixase porque estou respirando moi forte. Non o sei, outra vez esa ansiedade que sempre está conmigo. Agora estoume esforzando por respirar suave, cóstame traballo, ponho os cascos, non sei cómo o estou facendo. Ponho a cinta de OffSpring quero bailar pola habitación, quero bailar!. Pero el estudia, pídolle permiso para bailar e mentres o fago decátome que xa non quero facelo, tinha que telo feito e basta. Agora que sei que podo xa non quero facelo.
Dinlle ate as 12.15 para que estudiase as datas de todos os escultores de Europa, Espana e Galicia. Manhá ten que pasar ese examen. Manhá eu tenho que pasar outro examen"
..e Edu pasou o exame e ti tamen, què fiseches Firda, bailaches ?! :)
ResponderEliminarEdu pasou o exame, quedei na sua habita ate as duas, eu suspendin o meu, non fun capaz de falar cun rapaz que kme gustaba!. Encantame que me fales galego!
ResponderEliminar